Federación Digital EA

Sobre esta web


español
català
euskara
galego
english
français
galego 2017-03-23 Estás en: Inicio Sobre esta web

Suxestións

De entrada darche as grazas por visitarnos. Desde aquí querémoste convidar a enviarnos as túas suxestións con tal de axudarnos a mellorar esta web. Tamén queremos poñernos á túa disposición para calquera dúbida que puideras ter, e que intentaremos responder o mellor e máis axiña posible.

Accesibilidade

Esta web deseñouse co ánimo de facilitar o acceso universal a todos, procurando eliminar as barreiras que impiden o dereito de calquera persoa a acceder á información e comunicación. Por esta razón incluímos:

  • axudas para persoas discapacitadas;
  • linguaxe clara e estrutura coherente e comprensible;
  • idioma propio: todos os oficiais do estado, ademais doutros de ámbito mundial;
  • seguimento de estándares e recomendacións.

Cumprimiento de estándares

Icono de conformidad con el Nivel Triple-A, 
	de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI    HTML 4.01 Transitional Válido    ¡CSS Valido!    Get Firefox!    ¡LYNX Válido!

No momento de construír e adaptar esta web, tivéronse en conta as recomendacións adoptadas polo W3C, tanto no referente a accesibilidade (WAI), como no uso de código HTML libre de erros e separando o formato de presentación en follas de estilo CSS.

Por outro lado, comprobamos que o navegador Firefox presenta a nosa web dunha forma máis precisa, e permite cambiar máis facilmente o tamaño do texto, axudándolles así ás persoas con problemas visuais.

Utilizamos Lynx, un navegador só de texto con posibilidades de conectarlle unha interface Braille, para comprobar como quedan as nosas páxinas neste formato.

Teclas de acceso

A maioría de navegadores soportan a utilización de teclas de acceso (access keys), que permiten saltar directamente a enlaces predeterminados polo sitio web. En Windows conséguese premendo ALT + a tecla de acceso; en Macintosh é con Control + a tecla de acceso. No caso concreto de Internet Explorer, ademais hai que premer a tecla enter/return/intro a continuación.

As teclas de acceso definidas para todas as páxinas desta web son:

  • 1 - páxina principal de entrada á web
  • 2 - mapa da web
  • 3 - salta ao inicio da páxina
  • 4 - salta onde empeza o contido da páxina
  • 9 - contacto (e-mail)

Idiomas

Esta web está preparada para identificar as preferencias do usuario, adoptando o idioma configurado por el no seu navegador. Non obstante, pódese cambiar en calquera momento simplemente premendo na banderiña correspondente ao idioma desexado.

No caso de non existir, aínda, algunha páxina concreta no idioma desexado, presentarase no idioma por defecto: o español.

Créditos e agradecementos

  • EB3AMV, polo uso do seu servidor e coñecementos informáticos.
  • EA3CWZ, pola paciencia e unha morea de horas de probas.
  • EA3ER (ex EA3GGU), polas súas contribucións técnicas.
  • EA3EN (ex EA3GIJ), polo deseño do diploma EANET'96.
  • EA3BLN, polo seu labor como Manager de concursos.
  • EA1AY, pola súa tradución ao galego.
  • EB2EMZ, pola súa tradución ao euskera.
Federació Catalana de CB 27 MHz
Coñece os nosos membros

Nombre: Club de Amigos de 27 MHz - 30 Charly Alpha
Indicativo: EA5RKJ, ECB03OUH
Sede: Alcoi (Alicante)
Contacto: 30ca@fediea.org
Teléfono: 615143352
asociación miembro de FEDI-EA Fundación: 1993
Cuota: 40 €/año

A foto de arquivo

Reunion con Raül Romeva (ICV)
Reunión con el eurodiputado de ICV Raül Romeva.


Valid HTML 4.01 Transitional

Powered by iSolucions


Copyright © 1992-2017 Federación Digital EA (FEDI-EA)